Explorando_a_liguaxe.png

A linguaxe! Usámola a diario tanto para organizarmos os nosos pensamentos como para os transmitir a outras mentes. É a capacidade máis exclusiva dos seres humanos: ningún outro ser vivo posúe linguaxe. É unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.

E a pesar de todo, a súa aparición no proceso evolutivo continúa a ser un dos maiores enigmas.

Non sabemos nin cando nin como se desenvolveu a linguaxe. Mais temos ideas. Muitas! Neste discurshow indagaremos nalgunhas delas. Ideas que indican que a linguaxe puido aparecer para pensar en cousas que non están diante dos ollos, para imaxinar cousas que non existen. E todo co obxectivo de deixarmos de ser comedores de medula ósea e podermos acceder a unha dieta en condicións.

Discurshow Código Sapiens

Tras o habitual e exhaustivo traballo de documentación e dramatización, día 16 de setembro de 2016 estreamos Código Sapiens no Bizkaia Aretoa de Bilbao integrando a programación de NAUKAS, o noso iluminador evento de referencia. E temos que contar que NAUKAS abriu para nós as portas do Teatro Victoria Eugenia de Donostia para participarmos no prestixiadísimo Passion for Knowledge. Non temos palabras!

Cargando galería...

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos