Matarratos Darwin
As anécdotas que non se contan da viaxe dun
gran naturalista
Todos temos algunha idea de quen foi Darwin, algúns teñen algunha idea de en que consisten os
seus traballos e teorías –desenvolvidas logo de dar a volta ao mundo utilizando
para as etapas máis longas un barco chamado Beagle–, pero moi pouca xente
coñece os motivos reais desa viaxe, as anécdotas que xurdiron e as aventuras e
desventuras que viviu o mozo Darwin entre 1831 e
1836.
Na
súa xénese non era unha viaxe de investigación científica, senón que había un
motivo moito máis estraño. Tivo isto que ver co suicido de dous dos capitáns do
Beagle?
A
imaxe idílica dun naturalista paseando pola selva e arrepañando
plantas e bolboretas ten pouco que ver coa realidade á que se enfrontaba un
científico inexperto no medio da Pampa arxentina ou entre os habitantes
indíxenas de Terra do Fogo. Nos seus
longos roteiros –case sempre a cabalo– Charles Darwin recollía –mellor dito, mataba, a tiros ou a
marteladas– todo tipo de animais: armadillos, guanacos,
cóndores, raposas, tartarugas, ratas e ratos. Moitos deles tamén os comeu.
Ademais, sufriu enfermidades, temporais, terremotos, escalou montañas e
pasou frío, medo e, tamén, momentos de felicidade extrema ao contemplar o
planeta Terra cunha mirada aberta, intelixente e chea de curiosidade.
“Matarratos Darwin” e unha pequena visita ás
aventuras dun naturalista inglés nun planeta descoñecido.
Unha charla, un show, un
discurshow!




