Que?
Non é unha charla, un discurso; tampouco é teatro, nin un show… é un pouco de todo, un “discurshow”.
O obxectivo é transmitir coñecemento dun xeito atractivo e divertido, mais
sen abandonar o rigor.
Os “discurshows” son espectáculos que duran
aproximadamente 1 hora e media.
Pensados para todo tipo de público.
Tratan temas relacionados coa ciencia e o coñecemento.
